Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa do Concello de Burela acollerá unha charla sobre o alzheimer o vindeiro martes

Burela, 1 de febreiro de 2014. O Concello de Burela organiza unha charla sobre a enfermidade de Alzheimer e como detectala, que terá lugar no salón de plenos da Casa do Concello o vindeiro martes, 4 de febreiro, ás 17:30 horas.

A concelleira Diana Durán anunciou que “a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (FAGAL), en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, trae a Burela o Programa Red Paraguas Alzheimer, que achega a problemática desta enfermidade ás comarcas rurais”.

A edil de Servizos Sociais e Sanidade explicou que “a charla correrá a cargo de profesionais das asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer e é totalmente gratuíta. O obxectivo é chegar á maior cantidade de persoas posible, especialmente aquelas que sofren os efectos dun familiar cunha demencia”.

Exit mobile version