Segundo relatou Diana Durán “foron dous profesionais da garda civil os encargados de impartir esta charla, dirixida principalmente ás persoas maiores. Na mesma abordáronse temas como timos, furtos, roubos, maltrato a persoas maiores, así como diferentes situacións de perigo ás que o colectivo destas persoas son máis vulnerables”.
A concelleira de Servizos Sociais subliñou que “foi unha charla moi participativa na que os asistentes se animaron a preguntar e a contar aquelas situacións da vida cotiá que máis o inquietan: acudir ao mercado, ir cobrar a pensión ao banco, andar solos pola rúa ou a presenza de supostos inspectores do gas. Os gardas civís déronlles diversas pautas a seguir para evitar algún que outro susto”.