Polo tanto, é o momento xa, sen máis demora de cambiar a forma de facer as cousas, de saír á rúa para escoitar a realidade da cidadanía, de coñecer os seus problemas, de escoitar as súas queixas e de aprender de cada persoa, esa debe ser a nosa folla de ruta. Asimesmo, todo aquel político que escape da xente, que non se someta, no día a día a críticas e tamén en ocasións, a felicitacións, debe analizar cal debe ser o seu papel a desenvolver.
No que concerne á corrupción, hai que ter coidado nos plantexamentos e acusacións que se fan das diferentes situacións, contando de antemán coa presunción de inocencia, pero á súa vez, tolerancia cero para todos aqueles que busquen na política o seu beneficio persoal. Así, é o momento de que se poida dar unha transparencia nos diferentes entes, dende a saída dos políticos das mesas de contratación ou a diferenciación entre a labor política e a funcionarial.
Finalmente, destacar que é o momento de rexeneración e renovación de propostas, ideas, estructuras e tamén de persoas, traballemos por un presente e por un futuro cun socialismo, por e para os cidadáns. Queda moi ben o compoñente teórico, pero o momento de levalo a cabo na práctica é agora, ou do contrario, será o momento de plantexarse moitas cousas.
JESÚS VÁZQUEZ TALLÓN, Coordinador provincial de Xuventudes Socialistas.