
“Curriculum Vitae” é unha comedia sobre entrevistas de traballo na que asistiredes, a través da invisible cuarta parede dunha oficina, a esas “curiosas” escenas que teñen lugar entre dúas persoas, cando unha delas está sendo xulgada pola outra para acceder a un posto de traballo. Humillación, enchufismo, ineptitude, mala hostia, abuso…vanse sucedendo nas cinco pezas que compoñen a obra para mostrar a crúa realidade do mercado laboral. A peza de 80 minutos de duración será interpretada por Mónica García e Guillermo Carbajo dirixidos por Alex Sampayo interpretando textos de Diego Ameixeiras, Araceli Gonda, Avelino González, Manolo Cortés e Jose Prieto. A función de Redrum teatro terá lugar no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o venres 7 de febreiro ás 20.30 horas.