Site icon Crónica3.com A Mariña

A Copa Galicia e O Parrulo, destino dos laranxas na última semana de descanso ligueiro

O Burela FS Pescados Rubén comeza a última semana de descanso ligueiro con ganas de competición. Volverá saltar á pista mañá para medirse ao Parrulo FS, de Segunda División, nos cuartos da Copa Galicia (A Malata-Ferrol, 20.00 horas).

Para a cita, Juanlu terá a Christian e Iago Míguez como dúbidas, ademais da ausencia de Hugo, intervido de menisco hai un par de semanas. Entrarán na lista de convocados Carlitos, como vén sendo habitual, e o xuvenil Hélder.

O vencedor entre ferroláns e burelaos deberá medirse nas semifinais, a partido único, co Azkar Lugo FS, que se impuxo onte ao Esteo FS (2-5). O Cidade de Narón será un dos protagonistas da outra semifinal, despois de vencer ao Noia FS (4-2); o seu rival decidirase o venres no enfrontamento entre Pazos de Borbén e Santiago Futsal (21.00 horas).

Plan de traballo da semana

Luns 3 de febreiro
16.00 horas – Físico Preventivo – Ximnasio Breogán

16.50 horas – Específico de Porteiros – Vista Alegre

17.00 horas – Físico – Vista Alegre

Martes 4 de febreiro
20.00 horas – Copa Galicia (cuartos), O Parrulo FS – A Malata

Mércores 5 de febreiro
9.30 horas – Técnico-táctico – Vista Alegre

18.30 horas – Físico – Vista Alegre

Xoves 6 de febreiro
9.30 horas – Técnico-táctico – Vista Alegre

15.30 horas – Físico – Ximnasio Breogán

16.00 horas – Específico de Porteiros – Vista Alegre

16.30 horas – Físico – Vista Alegre

Venres 7 de febreiro
9.30 horas – Técnico-táctico – Vista Alegre

Exit mobile version