Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación aforra 160.000 euros a Láncara, O Vicedo, Trabada e á Pobra do Brollón, co seu Plan Enerxético

xunta-gobernoA Xunta de Goberno deste venres aprobou a adquisición de 1.900 compoñentes enerxéticos para dotacións públicas municipais de Láncara, Trabada, O Vicedo e A Pobra do Brollón. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, explicou que se tratan dunhas actuacións do Plan Enerxético, co que a Deputación aforra a estes Concellos 160.000 euros. “Facémolo ó asumir a totalidade de custes desta iniciativa, a diferencia do plan da Xunta, que obriga ós municipios a pagar o 30% dos gastos”, remarcou.

Este aforro distribúese do seguinte xeito: 40.000 euros coas auditorías enerxéticas, que se levaron a cabo dende a Axencia Provincial da Enerxía da Deputación; 82.200 euros coa compra e instalación do novo material enerxético, que financia a institución; e 39.300 euros, que é a cantidade anual na que estes Concellos verán reducida as súas facturas pola luz.

Centro de Recría
“Seguimos avanzando na construción en Castro de Rei do primeiro centro de recría público en España de gando vacún”, destacou Martínez. Por este motivo, hoxe a Xunta de Goberno acordou iniciar a contratación dos traballos de instalación eléctrica, para os que achega 450.000 euros, que forman parte dos 5 millóns de euros que, en solitario, a Deputación inviste na segunda e derradeira fase deste proxecto.

A sesión aprobou as contas xustificativas de 15 obras de mellora en dotacións públicas municipais por valor 110.000 euros, financiados na súa totalidade pola Deputación, ó incluír estes traballos no Plan de Comunidades Veciñais. Os Concellos beneficiados, ós que a institución aforra cartos son Castroverde, A Fonsagrada, Guntín, O Incio, Lourenzá, Meira, Pantón, Pol, Quiroga, Sober, Vilalba e Xermade.

Ascensor Muralla
A Xunta de Goberno acordou ceder ó Concello de Lugo os terreos necesarios para a instalación dun ascensor de acceso á Muralla. Tratase dun espazo de 6,70 metros cadrados, afincado ó final do Carril dos Romanos, xunto ós xardíns da Deputación.

Exit mobile version