Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación apoia á Asociación Española Contra el Cáncer na súa loita contra o cancro

aeccO Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este venres á Presidenta Nacional da Asociación de Lucha Contra el Cáncer (AECC), Isabel Oriol Díaz.

Gómez Besteiro transmitiu á Presidenta da AECC a preocupación do organismo provincial polos ataques ó Sistema Público de Sanidade que afectan á diagnose, tratamento e prestacións asistenciais de pacientes de cancro e familiares con medidas como o repago farmacéutico e amosou o seu total apoio para esixir que o Goberno Central garanta as prestacións de servizos básicos da carteira do Sistema Nacional de Saúde.

A Deputación mantén unha estreita colaboración coa Asociación de Loita Contra o Cancro, apoiando e participando en actos reivindicativos, informativos e de sensibilización, que realiza esta entidade durante todo o ano.

A AECC é unha organización sen ánimo de lucro de carácter benéfico asistencial con máis de 60 anos de antigüidade que integra a pacientes, familiares, voluntarios e profesionais para loitar contra o cancro. Realiza labores de prevención, sensibilización e acompañamento ás persoas afectadas a través das súas sedes, que posúe en máis de 2.000 localidades españolas. A Asociación tamén financia a investigación oncolóxica na que leva investido, dende o ano 2000, máis de 37 millóns de euros.

Exit mobile version