Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación de Lugo esixe ós Gobernos central e galego as canles necesarias para a devolución do céntimo sanitario

A Deputación de Lugo, que preside José Ramón Gómez Besteiro, esixe ó Goberno central e á Xunta de Galicia que habilite as canles necesarias para que os cidadáns afectados polo céntimo sanitario poidan reclamar a devolución dos seus cartos.

Así o trasladou este venres o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, tras avaliar as dificultades para optar á devolución deste imposto ilegal, posto que é imprescindible conservar as facturas das gasolineiras.

“Isto non pode rematar con impunidade absoluta”, destacou Martínez, que pediu “responsabilidades políticas á dereita”, xa que foi unha medida diseñada e xestionada polo Executivo de Aznar no 2002, sobre a que a Comisión Europea advertiu da súa ilegalidade ata en dúas ocasións, abrindo un procedemento de incumprimento xa no 2003.

“A dereita ignorou as advertencias da Unión Europea e continúo recaudando ilegalmente ata acadar máis 13.000 millóns de euros”, salientou o voceiro, que destacou que o propio Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea recoñeceu que este gravame carece de finalidade específica, acusando “á dereita de preseguir un obxectivo puramente presupostario”.

Exit mobile version