Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación de Lugo súmase á Marcha da Dignidade

marcha-dignidadeDeputados provinciais participarán esta tarde nalgunhas das ducias de manifestacións que se celebrarán en multitude de cidades de todo o país, coas que numerosas plataformas sociais amosarán o seu rexeitamento ós recortes e ó desmantelamento do Estado de Benestar. Representantes do organismo provincial tomarán parte nas mobilizacións convocadas en Burela e Lugo, previstas para as 19:30 e 20:00 horas, respectivamente, coas que os veciños denunciarán o ataque que supoñen as políticas de recortes emprendidas polos Gobernos central e autonómico.

As manifestacións convocadas pola Alianza Social Galega, que agrupa ós principais sindicatos –CIG, CC.OO. e UXT- e a ducias de colectivos máis, contan co apoio de diferentes movementos, como as Mareas Blanca e Verde, en defensa da sanidade e da educación públicas, ou de emigrantes retornados, que sairán baixo o lema “Por outra saída da crise”, dando cabida a centos de reclamacións contras as reformas que están a desmantelar o Estado de Benestar.

O recorte nas pensións; o ataque á educación pública; a privatización da sanidade; a paralización da Lei de Dependencia; os ataques ás liberdades individuais da muller; a precariedade laboral e a redución dos salarios, ou o abandono do rural, son só algunhas das reclamacións que compartirá este xoves á cidadanía que se botará á rúa.

Exit mobile version