Site icon Crónica3.com A Mariña

A Dirección Xeral de Comercio e ACISA repartirán 650 euros en vales de compra en Ribadeo durante o mes de marzo

250214 Foto CCA Ribadeo (3)Ribadeo, 25 de febreiro de 2014. A Dirección Xeral de Comercio da Xunta e ACISA repartirán durante o vindeiro mes de marzo 650 euros en vales de compra na campaña Centros Comerciais Abertos, máis que comercio, que este martes se presentou nos locais da asociación de comerciantes ribadense. Trátase dun xogo en liña con premios, coa finalidad de difundir o concepto de centro comercial aberto así coma fomentar as compras no pequeno comercio de Ribadeo e favorecer a introducción e utilización das novas tecnoloxías asociadas ó comercio. No acto participaron a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez; o secretario de ACISA, Roberto Rivas, e a gerente do CCA, Beatriz Irigoyen.

Sol Vázquez explicou que “en Ribadeo a campaña desenvolverase despois do Entroido durante todo o mes de marzo. Por cada 5 euros de compra que un cliente se gaste nun local asociado terá dereito a pedir un código de participación, que lle permitirá votar ó seu comercio favorito entrando na web www.maisquecomercio.com. Entrando nesa web un se encontrará os cinco centros comerciais nos que se leva a cabo a campaña en marzo, terá que escoller neste caso Ribadeo e a partir de ahí abriránselle todos os comercios asociados de Ribadeo en fotos. Introduce o código e elixe o seu establecemento favorito e ó pinchar nesas casiñas poderá encontrarse con premios en metálico e outros agasallos”. A Dirección Xeral de Comercio repartirá en Ribadeo unha tarxeta regalo de 200 euros e 2 tarxetas regalo de 100 euros cada unha, ademais de paraugas ou bolsas reutilizables co logo desta campaña. “E o CCA ribadense regalará 250 euros en vales de compra repartidos nun de 50 euros e dez de 20 euros cada un para que estean o máis repartidos posible”, segundo comentou a xerente, Beatriz Irigoyen.

A directora xeral de Comercio engadiu que “ó final da campaña descubriremos cal é o comercio favorito do CCA de Ribadeo para os seus clientes. Visitaremos ese establecemento e aproveitaremos para facer entrega dos premios ós afortunados”.

Pola súa parte o secretario de ACISA, Roberto Ramos, agradeceu “á Xunta esta campaña que cremos que vai ser moi interesante e que axudará a dinamizar o comercio e a estimular o consumo e que os nosos clientes se vexan beneficiados cos premios que se poñen en xogo”.

Centros comerciais abertos, máis que comercio levarase a cabo nos 55 CCAs de Galicia a razón de 5 ó mes ata final de ano. Ribadeo, O Carballiño, Caldas de Rei, O Calvario de Vigo e o CCU Zona Monumental de Pontevedra son os cinco lugares nos que dará comezo esta campaña da Dirección Xeral de Comercio.

Exit mobile version