Site icon Crónica3.com A Mariña

A estrada de Vieiro a Galdo permaneceu pechada ó tráfico polo desprendemento dunha estrutura metálica

IMG-20140214-WA0000-1A Deputación mantén activo un dispositivo composto por 22 operarios e 16 máquinas que atenderán calquera incidencia na rede viaria provincial que poida ocorrer durante esta fin de semana, na que se espera unha meteoroloxía adversa tal e como anuncian as predicións para os vindeiros días.

Actualmente todas as estradas de titularidade provincial atópanse abertas ó tráfico e restablecida a circulación despois de que os medios dispostos pola Deputación atenderan 72 avisos, principalmente por caídas de árbores na calzada -o 95% das mesmas- e por desprendementos de terras provocados polas intensas precipitacións nos restantes casos. A maioría das incidencias localizáronse en Concellos das Comarcas da Mariña, a Terra Chá e Lugo.

A única vía que tivo que ser pechada ó tráfico foi a estrada LU-P-6610 de Vieiro a Galdo no Concello de Viveiro polo desprendemento dunha estrutura metálica sobre a vía. A rápida actuación dos servizos provinciais permitiu o restablecemento do tráfico fluído a media tarde.

Ante as previsións meteorolóxicas e a posibilidade de nevaradas o dispositivo centrarase nas zonas de alta montaña dos Concellos de Becerreá, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Samos, Incio, Cervantes e A Fonsagrada por neve así como na comarca da Mariña polo vento.

Exit mobile version