Site icon Crónica3.com A Mariña

A Festa do Ourizo estréase no 15º Salón Internacional de Gastronomía e Turismo de Ourense

Cervo, 5 de febreiro de 2014- Este mércores inaugurouse en Ourense o 15º Salón Internacional de Gastronomía e Turismo, Xantar, no que o Concello promociona a Festa do Ourizo. Esta é a primeira vez que Cervo dá a coñecer a celebración nesta feira, á que a administración local acude cun stand no que predomina a cor azul do mar e as imaxes do ourizo, tanto ao natural como cociñado, así como unha vista da vila de San Cibrao e o cartel desta edición, que ademais participa no IV Concurso de Carteis de Festas Gastronómicas de Galicia. Nel, os visitantes poden recoller material promocional e informarse sobre o municipio e sobre esta festa de Interese Turístico Galego ata o día 9 deste mes.

Polo tanto, hoxe foi o primeiro día no que o stand da XXIII Festa do Ourizo estivo aberto ao público no recinto de Expourense. O Concello afronta estes días en Xantar “con el deseo y la intención de captar nuevos visitantes que se interesen por nuestro erizo y por nuestra celebración”. Para iso, “ponemos sobre la mesa todas las cualidades de este producto, su sabor, su versatilidad o su tradición”, e especialmente “estamos dando a conocer la fiesta, exponiéndola como una oportunidad especial de probar las exquisiteces que cada año preparan nuestros hosteleros, que innovan y trabajan el erizo para combinarlo de todas las formas posibles y ensalzar al máximo su sabor”.

A XXIII Festa do Ourizo celébrase o 15 de marzo. Unha celebración na que o Concello leva tempo traballando; polo momento xa está elaborado o deseño do cartel, mentres a administración local ultima os preparativos do programa, que se dará a coñecer en breve.

A edil de Turismo defende, ao mesmo tempo, a gastronomía “como uno de los motores más fuertes a la hora de atraer turistas y visitantes” polo que “es necesario seguir trabajando para exaltar nuestros productos lo que, al mismo tiempo, será una forma de apoyar nuestra hostelería y por extensión, nuestra economía local”.

Exit mobile version