A fotógrafa, que ademáis administra en Facebook a páxina “Proxecto Neo en Fotos”, na que colga o material fotográfico sobre o programa de radio educativa da emisora do corazón da Mariña, presentou ao certame unha imaxe realizada nunha fábrica de conservas: El cisne. Ruinas. A pegada de mellores tempo… O Vicedo.
Esta é a primeira vez que Lucía Rivas presenta un traballo seu nunha competición destas características, mais o éxito acadado anímaa a seguir facéndoo no futuro.
O certame Imaxiña 2013 contou con grande recoñecemento a obras realizadas por alumnas e alumnos do IES Monte Castelo de Burela, centro onde tamén estuda Lucía Rivas.
Exposición
O acto concluíu coa inauguración da exposición dos traballos dos finalistas no centro de ensino burelao. A mostra, que tamén está composta de imaxes de 2012, poderá contemplarse no IES Monte Castelo ata finais de febreiro. En marzo, recibiraa o IES de Ribadeo e en abril volverá a Burela para a Casa da Cultura. O resto dos centros participantes tamén poderán engalanarse e gozar das instantáneas entre finais deste curso académico e comezos do próximo, como aperitivo para a edición de 2014.