Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fundación Eu Son celebra unha nova edición da súa cea-baile anual

A FUNDACIÓN EU SON (Fundación para a protección de persoas con discapacidade intelectual de Burela – A Mariña) celebra este sábado 22 de febreiro ás 21.30 horas unha nova edición da súa cena baile anual.

Este ano o evento ten lugar no Hotel Nordés de Burela, e conta cun menú composto por sopa e cocido galego. Este evento reúne cada ano a usuarios, familias, profesionais, colaboradores co obxectivo de recadar fondos para os proxectos que desenrola a entidade.

A Fundación espera reunir a preto de 100 persoas e que a cena sexa un éxito como en anteriores edicións. O prezo da cena é de 32 € dos cales 22 € (menú) e 10 € (donativo).

A Fundación Eu Son quere aproveitar a ocasión para agradecer ós distintos establecementos que colaboran doando regalos para o sorteo que se celebra ó remate da cena.

Exit mobile version