Javier Ruiz Castro, xefe de Organización e Sistema de Caixa Rural Galega e José Manuel López Marcos, director comercial de Caixa Rural Galega, foron os encargado de impartir a charla na que se abordaron cuestións coma o IBAN, as normas que rixen o novo espazo de transacción europeo SEPA, os beneficios que levan aparelladas, e aquelas cuestións a ter en conta para que os negocios estén correctamente adaptados a dita normativa.
Tamén se falou das novidades nos prazos e a posibilidade de convivencia temporal do anterior sistema co actual mentres se completa a transición á SEPA, que entrou en vigor o pasado 1 de febreiro, e que afecta tanto ás institucións coma ás empresas, máis concretamente aos seus procesos de cobro e pago.
A Confederación de Empresarios de Lugo, Caixa Rural Galega e a Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo agradecen a todos os empresarios a súa asistencia á xornada informativa deste mércores e esperan que lles servira para ampliar os seus coñecementos sobre a normativa SEPA.