Site icon Crónica3.com A Mariña

A nova normativa SEPA protagonizará unha xornada informativa que organizan ACISA, CEL e Caixa Rural Galega en Ribadeo

Ribadeo, 11 de febreiro de 2014. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo xunto á Confederación de Empresarios de Lugo e Caixa Rural Galega organizan unha xornada informativa sobre a normativa SEPA: o seu funcionamento e os cambios que supón para as empresas, por exemplo nos cobros e pagos, xa que afecta a transferencias, adeudos domiciliarios, tarxetas bancarias, etc, e que formalmente entrou en vigor o pasado 1 de febreiro.

A xornada, destinada a empresarios de Ribadeo e do resto da comarca de A Mariña, terá lugar o vindeiro 19 de febreiro na Casa do Mar a partir das oito da tarde. Os ponentes serán: Javier Ruiz Castro, xefe de Organización e Sistema de Caixa Rural Galega e José Manuel López Marcos, director comercial de Caixa Rural Galega.

As prazas son limitadas. Os interesados poden inscribirse na páxina web: www.cel.es e poden obter máis información chamando aos seguintes teléfonos: 982 23 11 50 ou 982 120 565.

Exit mobile version