Site icon Crónica3.com A Mariña

A VII Ruta BTT Pico da Lebre reunirá en Foz a máis de 200 ciclistas

Foz, 14 de febreiro de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou, esta tarde, na presentación da VII Ruta BTT Pico da Lebre, que se vai disputar este domingo, 16 de febreiro, en Foz, e que se organiza coa colaboración da institución provincial. No acto de presentación tamén estiveron o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, así como representantes do Club Ciclista de Foz, entidade organizadora.

Arredor de 235 ciclistas participarán na sétima edición desta ruta, facendo un percorrido de 38 kilómetros. A saída, ás 9.30 horas, e a chegada serán no Porto de Foz e a ruta discorrerá polo Obispo Santo, San Martiño, Transmonte, Río Ouro, Fontao, Nois e praias de Foz desde Arealonga ata A Rapadoira.

Durante a súa intervención, Antonio Veiga destacou a “aposta decidida da área de Deporte da Deputación de Lugo por este tipo de probas que, ademais de promocionar unh deporte como é o ciclismo, serven para impulsar o turismo e a economía da comarca, posto que serán moitos os que se acheguen non só a pedalear, senón tamén a disfrutar do espectáculo”.

Proba desta aposta da Deputación polo ciclismo é a Volta Ciclista ás Comarcas Lucenses, que vai para sete anos que puxo en marcha, unha proba que segundo explicou Veiga “xa logrou asentarse no panorama nacional do ciclismo e avanza un chanzo máis no conxunto de probas do Estado español, aflorando así a afección lucense por esta disciplina deportiva”.

Exit mobile version