Site icon Crónica3.com A Mariña

A zona do Val de Alfoz celebrará xuntanzas o vindeiro martes sobre a concentración parcelaria

O vindeiro martes 18 de febreiro de 2014 o Concello de Alfoz convoca a todos os propietarios e demais afectados pola concentración parcelaria da zona de Val de Alfoz, a unha reunión na que se falará sobre a colocación dos marcos nas novas fincas de reemprazo da citada zona.

As reunións realizaranse do seguinte modo:
– Parroquia de Lagoa: na Escola de Pinguela, ás 10.00 horas.
– Parroquias de Reirado, Mor e Castro: no Salón de Actos do Centro Sociocultural ás 11:30 horas.
– Parroquia de Carballido, no salón de actos do Centro Sociocultural ás 13:00 horas.
– Parroquia de Adelán, na Escola dos nenos de Adelán, ás 16.00 horas.

O rexedor local, Emilio Lousas, cre que é conveniente que asistan o maior número de propietarios dada a importancia da reunión.

Exit mobile version