Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo para solicitar axudas municipais para situacións de emerxencia social en Xove

O pasado mes de xaneiro aprobáronse as bases que regulan as axudas de Emerxencia Social para o exercicio 2014 no Concello de Xove.

Ditas axuda, de carácter non periódico, están destinadas aos veciños e veciñas do municipio cuxos recursos resultan insuficientes para facer fronte aos gastos específicos necesarios para previr, evitar ou paliar situacións de marxinación social.

O orzamento total destas axudas é de 5.000 euros que irán destinados a gastos de alimentación, de atención sanitaria, gastos de vivenda, etc.

Estas axudas poderán ser solicitadas ao longo de todo o ano 2014.

Exit mobile version