Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA Ribadeo festexará o seu 25 aniversario cunha cea o 21 de marzo onde entregará os premios ó ribadense e ó socio do ano

Ribadeo, 24 de febreiro de 2014. O Parador de Turismo de Ribadeo acollerá o vindeiro 21 de marzo a III Cea de ACISA. Trátase dunha data especial xa que se festexará o 25 aniversario da fundación da asociación, entregaranse os premios ó ribadense e ó socio do ano e ós gañadores do concurso de escaparates do pasado Nadal.

Por primeira vez a cea de ACISA estará aberta a todas aquelas persoas, que non sendo socias, queiran asistir. O prezo para os socios (incluidos acompañantes, familiares e empregados dos establecimientos) será de 20 euros. E o prezo para os asistentes que non sexan socios de ACISA será de 30 euros. A data límite para solicitar as invitacións será o vindeiro 17 de marzo. Os interesados deben poñerse en contacto coa oficina de ACISA noi seguinte número de teléfono: 982 120 565.

ACISA enviou, como é habitual, unha comunicación ós seus asociados para que participen na elección do mellor ribadense e do mejor asociado do 2013. Este ano, por primeira vez, a xunta directiva realizou unha preselección de candidatos “teniendo en cuenta su trayectoria personal y empresarial a lo largo de estos 25 años de existencia de la asociación” e subliña que “dicha elección es totalmente libre y bajo el criterio personal de cada uno. Nosotros proponemos una serie de nombres para que los asociados pueden elegir al ribadense y al socio del año, pero cualquier socio puede hacernos llegar los suyos: uno como ribadense y otro como socio del año”. A votación é anónima e realizarase nas papeletas que ACISA lles fixo chegar por correo ordinario ata o vindeiro 5 de marzo.

A directiva de ACISA propón para votar como ribadense do ano a Andrés Tojal, a José Calavera e a Luz Pozo Garza. E como socio do ano a Joyería Carreira, Oviedo Bar II (Rolle), Costa Verde, La Moda, Castillo San Damián, Os Irmandiños e Gráficas Santiago.

Reunións sectoriais
ACISA segue traballando no calendario de actividades que realizará durante os vindeiros meses e convocou dúas reunións sectoriais: unha co comercio que terá lugar o 6 de marzo e outra coa hostelería que será o 11 de marzo. Ambas se celebrarán na sede da asociación na Avenida de Galicia, nº 20, na segunda pranta.

Exit mobile version