Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA Ribadeo sortea once ceas entre as compras de San Valentín nos establecementos asociados ata o día 12

Ribadeo, 1 de febreiro de 2014. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo inicia este sábado a campaña promocional de San Valentín, que se desenvolverá ata o día 12 deste mes. Aqueles que fagan as súas compras ao longo destas xornadas para o Día dos Enamorados nos establecementos asociados entrarán no sorteo de once ceas para dúas persoas, cada unha.

Os clientes deberán cubrir unha papeleta cos seus datos para entrar no sorteo e optar a algunha das once ceas para dúas persoas, unha en cada un destes establecementos hostaleiros: A Dorada do Cantábrico, La Quinta, La Villa, Marinero, O Cabazo, O Forno, O Lar de Manolo, O Tumbín, Parador de Turismo, San Miguel e Voar.

Dende a directiva de ACISA sinalan que “tras las importantes campañas realizadas con la fiesta del comercio y navidad, queremos obsequiar ahora a la fiel clientela del comercio ribadense con una serie de cenas para que puedan salir a celebrar con su pareja el día de San Valentín, invitados por los restaurantes que colaboran con nosotros en esta iniciativa”. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos anima “a los/as ribadenses a hacer sus compras del día de los enamorados en el comercio local, porque eso repercutirá en la economía de la localidad. Y a celebrar, como se merece, esta fecha: tomando un vino o cenando en alguno de los variados locales hosteleros con los que cuenta Ribadeo. Muchos de nuestros asociados han preparado menús especiales y sorpresas para quienes cenen con su pareja el día 14 de febrero”.

O sorteo realizarase o xoves 13 febreiro ás doce do mediodía no local de ACISA Ribadeo. Os afortunados poderán disfrutar do seu agasallo ceando o día de San Valentín.

Exit mobile version