Site icon Crónica3.com A Mariña

Antonio Bouza presidirá unha candidatura unitaria no Congreso do Partido Popular de Viveiro

Lugo, 7 de febreiro de 2014.- Antonio Bouza único aspirante á Presidencia local do Partido Popular de Viveiro encabezará unha candidatura unitaria da que tamén formará parte María del Carmen Gueimunde, como secretaria de organización.

O acordo deuse a coñecer a última hora desta tarde tras unha xuntanza na que participou o aspirante a presidente local, a futura secretaria de organización, o presidente provincial do PP de Lugo, Xose Manuel Barreiro e o secretario provincial, Jose Manuel Balseiro.

A nova Executiva integra polo tanto ás duas personas que aspiraron a encabezar a formación política local e supón un paso adiante e de unidade no partido político que aspira a conformar unha alternativa de Goberno a nivel municipal.

O Congreso local do PP de Viveiro terá lugar mañá sábado no restaurante Louzao e será clausurado polo Presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, arroupado por militantes, simpatizantes e outras autoridades.

Exit mobile version