Site icon Crónica3.com A Mariña

Arranca o círculo termal do programa de saúde “SPAbílate Muller” organizado polo colectivo Fraga das Saímas

circuito-termalDoce das vinte participantes no programa de saúde do colectivo feminino “Fraga das Saímas” SPAbílate Muller, déronse cita este domingo 2 de febreiro ás 11.30 h. no Wellness Thalasso Cántabrico As Sirenas.

Durante os meses de febreiro e marzo unha vintena de participantes neste programa terapéutico da asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” acudirán ao circuíto termal do Wellness Thalasso os venres á tarde e os domingos á mañá onde disfrutarán ao longo dunha hora e media do Circuíto Termal Thalassoterapia.

Este primeiro domingo de febreiro, un grupo de doce mulleres, amantes da saúde e da tranquilidade, inauguraron o programa de Fraga das Saímas SPAbílate Muller, acudindo á súa primeira cita coa Thalassoterapia, onde puideron relaxarse e gozar dun jacuzzi, unha piscina terapéutica con chorros, géiser e camas de hidromasaxe e onde disfrutaron tamén dunha zona de estufas, duha hamam (húmeda), dunha sauna seca, dos contrastes con auga fría e dos pediluvios, e completaron o circuito na zona de relax en tumbonas quentes.

As participantes neste 1º circuito termal Thalassoterapia remataron cansas pero contentas e satisfeitas logo de probar este método de terapia a base de tratamentos con auga mariña e felicitaronse por contar con estas instalacións no municipio, se ben aproveitaron tamén para suxerirlle á dirección do Centro a necesidade de dotar dalgún elemento de seguridade (pasamáns…) o Jacuzzi e a piscina terapéutica para mellorar a accesibilidade das persoas con problemas de equilibrio e dificultade de movementos.

A Directiva Fraga das Saímas aproveita para informarlles ás socias e veciños de Viveiro que só quedan 10 prazas libres para anotarse á viaxe programada por este colectivo para asistir como público, o venres 28 de febreiro, ao programa de LUAR da TVG. As persoas interesadas en acudir a este evento teñen que reservar a súa praza antes do luns 10 de febreiro, podendo facelo vía e-mail ou telefonicamente.

Exit mobile version