Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro asegura que no PSOE están molestos por ir a remolque das súas iniciativas sobre o problema da mina cervense

Santiago, 28 de febreiro de 2014.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro asegurou que no PSOE amosan estar moi molestos por ir continuamente a remolque das súas iniciativas, neste caso, sobre o problema acontecido na mina cervense.

O parlamentario popular pon de relevo o “seguidismo tardío” do deputado socialista Jose Ramón Val Alonso por canto despois de que o PP alertase sobre a falta de actividade dos socialistas estes deciden interesarse na Cámara galega por algo que agora aseguran “ten moita importancia” pero do que non parecían terse percatado ata que recibiron o tirón de orellas de Balseiro.

O parlamentario considera incoherente que, por unha banda o deputado socialista critique as iniciativas do PP no Parlamento e pola outra reclame máis interese pola problemática acontecida con esta mina. O PP lembra que os socialistas sempre chegan tarde en todos os asuntos e despois pretender abordalos coa torpeza propia dun elefante que entra nunha cacharrería.

Balseiro insiste en que sempre formulará as preguntas e iniciativas que estime necesarias sobre asuntos de interese comarcal ou local porque esa é a súa obrigación como deputado e o seu compromiso cos seus votantes

VAL ALONSO NON ESTÁ Á ALTURA
Balseiro asegura a Val que, neste e noutros asuntos, non está en condicións de dar leccións e quixo lembrarlle que no Parlamento lle pagan por traballar algo que, no que respecta ao interese do socialista polos asuntos da Mariña, deixa mucho que desexar.

En opinión de Balseiro o deputado socialista tampouco está á altura cando se trata de defender ao sector pesqueiro galego -pese a ser o portavoz desta área-

“Comete clamorosos erros cando por exemplo non apoia iniciativas tan positivas para a flota galega como as destinadas á modificar o sistema de reparto de cotas pesqueiras a través da eliminación do procedemento de estabilidade relativa, cando os socialistas votan en contra das iniciativas para flexibilización da prohibición dos descartes, contra as que reclamaba o rexeitamento ao acordo pesqueiro con Mauritania, a imposición de sancións a Islandia e Illas Feroe ante a sobrepesca de xarda, ou contra a proposta dos profesionais do sector para a modernización da normativa sobre tripulacións mínimas. Tampouco o PSOE apoiou en Galicia o acordo pesqueiro con Marrocos.

Exit mobile version