Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro defende que o BNG “chega tarde” porque xa existe un compromiso firme da Xunta para o arranxo da LU-124

Santiago, 05 de febreiro de 2014.- O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, considera que a iniciativa do BNG sobre o arranxo da estrada LU-124 “xa non ten sentido e chega tarde” agora que xa existe “un compromiso firme” do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para executar, dentro deste ano en curso, as obras de acondicionamento e mellora do firme desta estrada, no tramo que une Mondoñedo coa A-8 en Lindín.

Os populares consideran que os nacionalistas pretenden “subirse a carro” e “saír na foto” da reclamación destas obras de arranxo, a sabendas de que xa están comprometidas tanto polo Ministerio de Fomento como pola Xunta, e o fan agora “de xeito extemporáneo” por “oportunismo político” e coa única finalidade de “deslucir o avance que supón para o conxunto da comarca a culminación da autovía do Cantábrico.

“Proba do nulo interese que o BNG tiña nesta obra é que rexistraron a súa iniciativa parlamentaria en maio de 2013, pero non a incluíron para o seu debate en Comisión ata agora, oito meses despois, coincidindo coa inauguración da autovía e sólo por intentar apuntarse o tanto”.

O PP APOIA O PROGRAMA DE ACTUACIÓNS
Balseiro considera que os nacionalistas terán moi complicado enganar aos veciños “porque teñen memoria” e son plenamente conscientes de que a pesar de herdaron un proxecto construtivo xa redactado, na época de goberno de Manuel Fraga, durante a época do bipartito non se fixo nada nesta estrada (a excepción dunha pequena reposición de beirarrúas na Avenida Buenos Aires de Mondoñedo)

Pola contra as xestións dos populares e os compromisos adquiridos polas administracións nas que teñen responsabilidade de goberno, permiten coñecer un programa de actuacións concreto, dirixido á mellora desta estrada autonómica.

Balseiro explicou que o aspecto actual que presenta o tramo ao seu paso por Mondoñedo da LU-124 é consecuencia directa da intensidade de circulación de vehículos pesados que traballaron na construción da autovía A-8. Tamén indicou que tanto para corrixir esta situación como dar solución ao problema das escorrentas o Ministerio de Fomento xa orzamentou e contratou estas actuacións e a propia mellora do enlace coa nova autovía.

O deputado aclara que será despois de rematadas as obras de Fomento cando a Xunta de Galicia acometa con carácter de urxencia e dentro do ano en curso a execución dun proxecto de rehabilitación do firme da LU-124 no treito, Mondoñedo-Lindín e inmediatamente despois, cando execute a mellorara integral estrada autonómica.

Os populares rexistrarán unha emenda á iniciativa do BNG na que se recolle esta programación dos traballos e anuncian que, no caso de que os nacionalistas non acepten esta proposta, será o Grupo Popular quen someta á aprobación do Parlamento a súa propia iniciativa.

Exit mobile version