Ó remate do mesmo, o presidente local e alcalde burelés José María González Barcia, afirmou que “o PP de Burela é un partido sen fisuras, cun comité local dinámico e que fai propostas; cun grupo municipal coherente no que cada concelleiro tén claras as súas liñas de actuación, e cunhas bases electorais que nestes momentos complexos teñen claro que só o traballo do PP pode sacar adiante ó país e ó concello”.
Barcia asegurou que “ante nós, está unha oposición descomposta. Un BNG que tivo que pasar do número un ó nove para encontrar substitudo de Neves Cando, e o PSOE que non sabe a donde vai, porque non hai un líder, hai alomenos tres persoas que queren liderar e ou non saben, ou non poden ou non se deixan entre sí, e se non dan gobernado o seu partido, que é un cesto de grilos, mal poden gobernar o concello. E mal o poden facer, porque non foron capaces nunca de gañar unhas eleccións no noso concello desde 1991, e gañar significa sacar máis votos có segundo”.
O presidente do PP burelés manifestou que “o traballo que estamos a facer no concello pouco a pouco vai pechando círculos, círculos que estaban abertos e que outros non deron pechado ou abriron premeditamente. Estamos enderezando a situación económica do concello que outros deixaron empufada en un millón trescentos mil euros en facturas sen pagar, e que deberían pagar eles do seu bolsillo; agora polo menos os proveedores saben que van a cobrar, e cobran”.
Barcia tamén afirmou que “estamos pechando o círculo do PXOM. Un PXOM ambicioso e que permitirá modificar substancialmente a afectación da variante, que fixa dúas bolsas de solo empresarial, que marca novos solos dotacionais para por exemplo a ampliación do Hospital. Un PXOM, afirmou Barcia, que marca o futuro de Burela”.
“Estamos tamén pechando o círculo de Torrentes, facendo o que tiñan que ter feito outros en catro anos: darlles os títulos de propiedade ós lexítimos propietarios, e rematar, recibir e abrir a urbanización”, afirmou González Barcia.
José María González Barcia tamén fixo referencia a “obras pendientes que son fundamentais para o noso concello: agora non cabe dúbida de que o acceso ó porto será realidade, porque está nos presupostos da Xunta deste ano con contía suficiente para ser licitado, aduxudicado, contratado e comenzado de novo. E tamén as melloras na seguridade no porto, que suporán un investimento importante e das que teremos o proxecto en cuestión de semanas. Alguén pensaba que o hospital desaparecería: dixérono en 2009 e volveron a decilo hai un ano; resultado, non se perdeu nin un só servicio, e mesmo se aumentaron, como a hospitalización domiciliaria ou as liñas de detección precoz de certos cancros”.
“En definitiva, afirmou González Barcia, en momentos difíciles mantemos servicios, mesmo os aumentamos nalgúns casos; e traballamos para seguir facendo unha Burela mellor. E actuamos así, porque a responsabilidade de goberno non é sentarse nunha mesa e esperar a que sone o teléfono; ter e exercer responsabilidades de goberno pasa por tomar decisións, que ás veces non nos gustan nin a nós mesmos, porque tamén temos que sufrilas, pero que son necesarias para poder garantir minimamente o futuro. Estamos arreglando as desfeitas que outros deixaron, e non é doado, xa que require un enorme esforzo e sacrificio. Nós non adoptaremos a postura cómoda de agardar a que escampe”.
O presidente local do PP rematou decindo que “a oposición do PSOE é unha oposición que agora sí, agora está demostando a verdadeira cara de algún, que parecían ovelliñas pero que engañan desde a primeira palabra que din hasta a final. Unha oposición carente de recursos, que nos tachan de desgoberno cando resulta que mantemos e mesmo aumentamos os servicios sociais que dixeron que desaparecerían, ou somos capaces de manter os servicios educativos que tamén dixeron que desaparecerían, e mesmo recuperamos as subvencións que eles mesmos eliminaron. Eses que nos tachan de desgoberno son os mesmos que levaron a este concello á ruina económica e son os mesmos que están nunha situación de descomposición máis absoluta porque entre eles non se entenden. Pola contra, o PP de Burela é un partido que efectivamente está preocupado pola situación complexa que temos, pero que sabe perfectamente que a única liña de saída é a que marcan os gobernos de Rajoy e de Núñez Feijoo. Precisamente por eso, o PP burelés seguirá traballando como partido e como grupo de goberno para millorar as condiciòns de vida dos cidadáns deste concello e marcar as liñas de futuro que nos permitan enfocar a sáida da crise con garantías de éxito”.