A Casa da Cultura de San Cibrao acollerá o sábado 22 de febreiro ás 12.00 horas unha charla, debate e proxeccións a cargo do práctico dos principais portos galegos do Cantábrico, capitán da Marina Mercante e de Pesca, Andrés Ferro Díaz. Esta actividade organizada polo Seminario Estudos Terra de Viveiro, Os Aventados, o Concello de Cervo e os Voluntarios da Fundación Alcoa, denomínase “Bitácora de navegante” e enmárcase na programación “Días de mar!”.