Site icon Crónica3.com A Mariña

Bo comezo laranxa na Copa xuvenil

Os xuvenís burelistas comezaron con bo pé na Copa Nacional ao impoñerse por 4-2 ao actual campión de liga, Azkar Lugo FS. A fin de semana tamén se tinguiu de vitoria en Deporte Escolar en catro dos seis encontros laranxas.

En Autonómica Infantil e Liga Prebenxamín da Mariña, a escola burelá non tivo tanta sorte, con resultados desfavorables para os primeiros por 4-2 e 1-4 e 7-10 para os máis pequenos.

Campionato Sub-16

A Selección Galega, cos laranxas Aarón, Noé e Mamadou, pechou a súa participación na fase previa do Campionato de España Sub-16 cunha vitoria e unha derrota. Tras as boísimas vibracións do partido inaugural, fronte á Comunidade Valenciana (2-4), os irmandiños caeron ante Aragón (2-4). Como campión de grupo, clasificouse para as semifinais Cataluña despois de impoñerse a aragoneses (2-8) e valencianos (7-1) con contundencia.

Copa Nacional Xuvenil
Burela FS 4-2 Azkar Lugo FS

Liga Autonómica Infantil
CD Mare Nostrum FS 4-2 ED Burela FS

Deporte Escolar
Ribadeo FS Cadete 0-13 CD Burela FS Cadete A

ED Burela FS Infantil C 2-5 ED Burela FS Infantil A

ED Burela FS Infantil A 3-2 ED Lourenzá Mondoñedo FS Infantil

ED Burela FS Infantil B 6-0 ACD Xove Infantil

ED Burela FS Alevín 3-4 ED Lourenzá Alevín

ED Burela FS Benxamín 3-4 ACD Xove Benxamín A

Liga Prebenxamín da Mariña
ED Burela FS 1-4 Santiago de Foz FS (Prebenxamín 1)

ED Burela FS 7-10 Santiago de Foz FS (Prebenxamín 2)

Exit mobile version