A edil popular explicou que “en 2013 tiñamos a pé de rúa 52 colectores para cartón e papel, o que supoñía unha ratio de 1 colector por cada 186 habitantes. E agora con estes sete novos contedores serán en total 59 e a ratio será de un colector por cada 164 habitantes. Deste xeito redúcese en 22 puntos a ratio de contedor por habitante”.
López Eijo indicou que “tamén estrearemos en Burela 20 contedores máis para recollida de residuos sólidos urbanos. Dez quedarán coma reserva para seren empregados cando sexa necesario e os outros dez substituirán a aqueles que se atopan máis deteriorados”. A responsable de Medio Ambiente subliñou que “deste xeito melloramos o servizo de recollida do lixo e tamén o ornato do noso pobo. E no caso do papel e do cartón damos un paso importante porque achegamos máis o servizo ao cidadán”.