Pero ademais do dito a Gueimunde acusou a Cesar Aja de ameazas e presions para que ela non fora candidata.
A lei di que é obrigación do cidadán denunciar un delito cando o coñece, pero esa lei non rexe nos partidos, onde a denuncia dos abusos, corrupcións e arbitrariedades está prohibida porque se confunde coa deslealdade e a traizón. É o mesmo código de conduta que teñen as mafias, desde a de Chicago á rusa, incluíndo á yakuza xaponesa e á calabresa.
Dentro dos partidos coñécense case todos os segredos e suciedades, pero moi raramente eses segredos saen do grupo, sempre por medo a ser represaliado. Os cadros do PP sabían da existencia de sobres de diñeiro complementario nos altos niveis, así como do pago de “tributos” en negro por parte de empresas que aspiran a recibir contratos públicos, subvencións ou concesións, pero ninguén os denuncia ante o xuíz, como é o deber de todo demócrata. Ese silencio envilece e converte aos partidos políticos en aglomeraciones de cómplices activos. Do mesmo xeito, sucede en as administracions autonomicas, provinciais e locais e en todos os partidos politicos, en Galiza temos baixo sospeita a politicos do PP, PSOE, BNG e independentes, pero ninguén de dentro dos partidos denunciou eses delitos porque pertencer ao partido implica comulgar coas canalladas e delitos.
Fronte a esa infección non hai mais receita que “mais democracia”, unha democracia auténtica que impoña a liberdade no seo dos partidos e que respecte e faga cumprir unha lei que debe reformarse para que os canallas e corruptos sexan castigados e para que os ladróns políticos podrézanse no cárcere mentres non devolvan o botín. A única saída para partidos políticos que hoxe están “tocados” e en profundo declive sería a implantación da liberdade de debate, de conciencia e de pensamento nas súas filas, pero eses valores son imposibles en partidos verticais e autoritarios que incumplen o mandato constitucional de funcionamento democrático na vida interna.
Otero Regal.