Site icon Crónica3.com A Mariña

Carballido gaña nos penaltis a Lagoa na xornada de fútbol sala das Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz

publico-olimpiadas-salaCunha entrada espectacular no Pavillón Municipal de Alfoz celebrouse a Segunda Xornada das Olimpíadas Interparroquiais deste concello, a dedicada ó fútbol sala.

A presentación correu a cargo de Cachín e Leni; mentres que os árbitros foron Tino Paleo e Josep Hernández. Emocionante, divertido e cunha enorme participación de xogadores (preto de 80 futbolistas) e de público (varios centos de espectadores), a xornada rematou co triunfo do equipo da parroquia de Carballido, que venceu nos penaltis na final á parroquia de Lagoa, despois de que ambas empataran nos 20 minutos regulamentarios a 2 goles.

As aliñacións dos diversos equipos foron as seguintes:

LAGOA: Buyo, Mario, Juanjo, Dani Río, Ribera, Rubén, Ras e Marcos.

REIRADO: Morroncho, Pepe Piribí, Diego Piribí, Piribí, Bolillo, Ángel e Jaime.

TERRAS ALTAS (Pereiro e Oiras): Fran, Christian, Gilberto, Miguel, Erik e Samuel.

O CASTRO: Xabier, Ángel, Joaquín, Jesús Cao, Tito Cao, Manolo Febrero, Martiño, Dani, Miguel e Emilio Febrero.

ADELÁN: Jacobo, Héctor, Eloy Canoura, Crisiño, Álex, Alfonso, David, Dani Cao e Javier.

BACOI: Marco, Marrón, Jonathan, Maikel, Laureano, Juan Carlos, Roberto Carlos e Ricardo.

CARBALLIDO: Valea, Pille, Iván, César, Dourado, Antonio, René e Cuco.

MOR: Jordi, Javier Castro, Eloy Montero, Juan, Fernando, Roberto, Enrique, José Antonio, Ramón, Dani Daniel, Carlos e Anxo.


CUARTOS DE FINAL

Lagoa, 2; Reirado, 1. Goles de Dani Río e Ribera para Lagoa e de Bolillo para Reirado.

Terras Altas, 2; Castro, 0. Goles de Fran e de Erik.

Adelán, 4; Bacoi, 0. Goles de Eloy (3) e Crisiño.

Carballido, 1; Mor, 0. Gol de Pille.

SEMIFINAIS
Lagoa, 1; Terras Altas, 0. Gol de Dani Río.

Adelán, 0; Carballido, 1. Gol de Pille.

FINAL
Lagoa, 2; Carballido, 2. Goles de Dani Río (2) para Lagoa e de Valea (2) para Carballido.

Nas quendas de lanzamento dos penaltis transformáronos en gol por Carballido Valea, Pille e Dourado, mentres que fallou Iván; por parte de Lagoa transformáronos Mario e Dani Río, fallando Ribera e Marcos.

Os puntos obtidos por cada parroquia na xornada de fútbol sala foron:

1. Carballido: 200 puntos.

2. Lagoa: 150 puntos.

3. Terras Altas: 100 puntos.

4. Adelán: 100 puntos.

5. Reirado: 50 puntos.

6. O Castro: 50 puntos.

7. Bacoi: 50 puntos.

8. Mor: 50 puntos.

E finalmente, a clasificación das Olimpíadas, transcorridas as dúas primeiras xornadas, está do seguinte xeito:

1. LAGOA: 345 puntos.

2. Carballido: 328 puntos.

3. Adelán: 263 puntos.

4. Bacoi: 221 puntos.

5. Reirado: 217 puntos.

6. Mor: 206 puntos.

7. O Castro: 202 puntos.

8. Terras Altas: 177 puntos.

A vindeira cita é o sábado, día 15, no Salón de Actos da Casa da Cultura, para a proba de Actuacións Artísticas, na que contarán coa presenza da TVG.

Exit mobile version