Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo promocionará a Festa do Ourizo na feira gastronómica Xantar que se celebra en Ourense

Cervo, 1 de febreiro de 2014- O Concello de Cervo levará a Festa do Ourizo a Xantar, o 15º Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que se celebra do 5 ao 9 de febreiro en Ourense. A edil de Turismo, Begoña Alonso, reuniuse esta semana cos responsables dos locais de hostalería de San Cibrao que participan na XXIII Festa do Ourizo, que este ano se celebra o 15 de marzo, para informalos da presenza do Concello en Xantar así como detallarlles as diferentes accións que se realizarán.

Así, o Concello dará a coñecer esta festa de Interese Turístico Galego na feira gastronómica a través dun stand situado no recinto de Expourense, que contará con material turístico do municipio así como outros recursos que utilizan o ourizo como reclamo principal. Ademais, este ano o cartel participará no IV Concurso de Carteis de Festas Gastronómicas de Galicia convocado en Xantar e no que se pretende chamar a atención sobre a calidade artística e publicitaria das imaxes promocionais deste eventos e elaborar un archivo histórico con todas elas.

A edil de Turismo asegurou que “el Concello está diversificando las vías de promoción de esta fiesta para potenciar la capacidad de atracción que ya tiene el erizo por si mismo, por su sabor especial y por su gran versatilidad, sin olvidar el saber hacer que tienen nuestros hosteleros a la hora de prepararlo en múltiples formas e innovando en cada edición”. Neste caso “apostamos por salir fuera de la provincia para dar a conocer nuestro erizo en escaparates tan privilegiados como esta feria gastronómica, donde ofrecer nuestra fiesta a todos los colectivos implicados en el sector turístico y seguir posicionando esta celebración gastronómica”, engade.

Esta é a primeira vez que a Festa do Ourizo acude a Xantar. “Esta fiesta registra una buena participación en cada nueva edición, pero no podemos conformarnos con eso. Año tras año tenemos que seguir apostando por darla a conocer, innovar en su programación e incrementar sus posibilidades de atracción turística, que son infinitas” explica Alonso, lembrando ao mesmo tempo que nesta festa “el valor culinario del erizo se une a todos los demás encantos del municipio para conformar una cita especial”.

Exit mobile version