Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre prevención de atropelos en Lourenzá

O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá unha charla sobre a prevención de atropelos a peóns o vindeiro xoves, día 13, ás once e media da mañá. Os asistentes recibirán de agasallo un chaleco reflectante. No acto daranse pautas para pasear coas axeitadas medidas de visibilidade e seguridade co fin de evitar atropelos nos distintos tipos de vías. A charla está organizada pola Dirección General de Tráfico do Ministerio del Interior, pola Guardia Civil de Tráfico e polo Concello de Lourenzá.

Exit mobile version