
Este luns as monitoras de Gaia impartiron aos usuarios da Fundación Eu Son unha charla sobre a reciclaxe do vidro e proxectaron un video sobre a súa reciclaxe. Con esta actividade preténdese fomentar a reciclaxe do vidro e dar pautas para facelo axeitadamente. As monitoras relataron que “pequenos consellos como quitar os tapóns e os corchos, lavar os envases de vidro que teñan restos de alimentos, non depositar no colector de vidro vasos, platos, espellos…formaron parte desta charla. Sen dúbida reciclar o vidro ten numerosos beneficios para o medio ambiente: redúcense os residuos que van parar a vertedoiros, redúcese a contaminación do aire e afórrase enerxía e materias primas”.