Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausura do curso de internet en Barreiros

280214 Foto clausura curso Barreiros_1O curso de internet que se celebrou na aula CeMIT de Barreiros ao longo deste mes de febreiro foi clausurado este xoves. En dito curso os alumnos aprenderon a manexar o correo electrónico, a buscar información, a comprar pola web, a reservar habitacións en hoteis e tamén a coñecer un pouco máis do funcionamento da banca electrónica. Ao acto de clausura asistiu o alcalde, Alfonso Fuente Parga, que charlou cos asistentes para comprobar como están a romper a brecha dixital que había entre a poboación e o mundo da internet.

Exit mobile version