Site icon Crónica3.com A Mariña

Cultura e Educación premia a preto dunha vintena de alumnos lucenses no Certame de Poesía sobre o Nadal

Lugo, 8 de febreiro de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria premiará a 17 rapaces e rapazas que resultaron gañadores da fase provincial do certame de poesía Nadal 2013, convocado pola Biblioteca Nodal en colaboración con outras 22 bibliotecas públicas da provincia.

A entrega de premios celebrarase o vindeiro mércores, día 12, ás seis da tarde no salón de actos da Biblioteca Nodal, e nese mesmo acto procederase á presentación do libro que recolle os traballos gañadores do pasado ano.

O certame, que cumpre xa a súa 21 edición, premiou este ano a 129 escolares na fase local, na que cada biblioteca recoñece os mellores traballos presentados e remíteos para competir na fase final que se dirime na biblioteca provincial de Lugo.

O xurado da fase provincial acordou outorgar os seguintes premios nas distintas categorías a concurso:

Categoría A (Ata 8 anos):
Manuela Niño Capón. 8 anos. Biblioteca da Fonsagrada
Marta Elisa Sanmartín Campello. 8 anos. Biblioteca de Guitiriz
Claudia Rodríguez Bergantiños. 7 anos. Biblioteca de Sarria.

Accésits:
Natalia López Salgado. 8 anos. Biblioteca de Monterroso
Lucía Vilela Vazquez. 8 anos. Biblioteca de Sarria.

Categoría B (9 a 11 anos):
Airela Bouzas Seoane. 11 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Sandra Mariño Mourelle. 9 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Mª Ángeles Corredoira Díaz. 10 anos. Biblioteca da Pastoriza.

Accésits:
Hugo García Mariño. 9 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Raúl Varela Ceruela. 10 anos. Biblioteca de Monterroso
Noelia López Salgado. 11 anos. Biblioteca de Monterroso

Categoría C (12 a 16 anos):
Elena Vilela Vázquez. 12 anos. Biblioteca de Sarria
Laura López Lorenzo. 16 anos. Biblioteca de Vilalba
Irene Rico Gómez. 14 anos. Biblioteca de Burela

Accésits:
Silvia López Lorenzo. 13 anos. Biblioteca de Vilalba
Antía Montes Coego. 13 anos. Biblioteca de Antas de Ulla
Marina Isabel Riesco Amurrio. 16 anos. Biblioteca Provincial de Lugo.

Os premios están dotados con estatuíña de Sargadelos, lote de publicacións e diploma. Os accesits, que se conceden pola calidade e cantidade dos traballos presentados, con lotes de publicacións e diploma.

O xurado da fase provincial estivo formado por Marisol González Regal, directora da Biblioteca Provincial; Jaime Santoalla Varela, inspector xefe de Educación; Yolanda Gómez González, xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Delegación Territorial de Lugo, e Xulio Giz Ramil, xornalista, que actúa como secretario.

Exit mobile version