Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Lópes recupera o liderado da Liga Sub 18 de Bolos de Xove tras gañar na Vara

Unha excelente participación con 37 inscritos na Tirada da Vara mostra o enrraizamento da práctica deportiva dos bolos no Concello de Xove que desenvolveu esta competición nunha tarde moi fría e desapacible.

Liga Sénior Masculina
Importantísima vitoria de José Rafael, grazas á cal pon terra por medio dos seus máis inmediatos seguidores, deixando a Jose Vigo a 21 puntos e a Arturo Vigo e Sócrates Campo a 24. Polo tanto, paso importantísimo o dado por Rafa para asegurarse a segunda posición no podio final. O líder, aínda que non gañou, sumou 6 puntos, e con 23 de vantaxe sobre Rafa, e a falla de 3 tiradas para rematar, incluso se pode proclamar matematicamente campión na vindeira tirada do Centro Social de Vilachá.

Despexadas bastante as dúbidas sobre as dúas primeiras posicións, queda unha forte loita para terceira posición con catro implicados: Jose Vigo con 85 puntos, Arturo Vigo e Sócrates Campo con 82 e Francisco Pérez con 73. É nesta terceira posición onde imos ter a máxima emoción nas tiradas que faltan, xa que as dúas primeiras prazas parecen estar bastante seguras.

Liga Sénior Feminina
Despexada a incógnita da primeira posición, a loita céntrase na 2ª e 3ª praza finais. Neste sentido, importantísima a vitoria de Dolores Baño, que ademais sumou un punto máis da mellor bolada, o que lle permite consolidar a segunda posición con 45 puntos, sete máis que Paula Campo, 9 sobre Salomé Bermúdez e 13 sobre Concepción Piñeiro. Así e todo, e a falla de 19 puntos máximo por disputar nas tres tiradas que faltan, aínda pode pasar de todo, pero está claro que Dolores Baño aumentou moito as súas opcións de optar ao segundo posto, e como mínimo, ao terceiro.

Liga Sub 18
Nova alternativa no liderado desta categoría. A excelente tirada que fixo Daniel López con vitoria e mellor bolada permítelle recuperar o liderado, que agora mantén con 58 puntos, catro máis que Salomé Cardoso que se queda con 54 puntos, ao ser só cuarta nesta tirada. É máis que evidente que Daniel e Salomé van pelexar a fondo nas tres tiradas que quedan pola vitoria final. Miguel López con 43 puntos, e quen non foi capaz de puntuar nesta tirada, Isaías Cardoso con 42 e Daniel Alonso con 35 van ter que pelexar pola terceira praza do podio, xa que as dúas primeiras quedan moi lonxe.

A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ o vindeiro sábado 15 de marzo de 2014.

CAMPIONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE  A VARA (8 FEBREIRO  2013)

  37  INSCRITOS: 18  NA LIGA SENIOR,   10   NA LIGA SUB 18   E     9  NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                         NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

298

12

SEGUNDO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

264

10

TERCEIRO ARTURO VIGO CASABELLA

262

8

CUARTO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

242

7

QUINTO ALEX MEITÍN SERANTES

224

6

SEXTO JOSE VIGO LAGE

222

5

SÉTIMO JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO

222

4

OITAVO MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

213

3

NOVENO JORDI MEITÍN SERANTES

212

2

DÉCIMO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

211

1

MELLOR BOLADA SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

86

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

163

6

SEGUNDO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ

141

4

TERCEIRO DANIEL ALONSO LÓPEZ

115

3

CUARTO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

89

2

QUINTO LAURA IGLESIAS MARIÑO

82

1

MELLOR BOLADA DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

47

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO DOLORES BAÑO FRAGA

139

6

SEGUNDO BELÉN MEITÍN ROUCO

95

4

TERCEIRO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

57

3

CUARTO PAULA CAMPO SUÁREZ

55

2

QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

44

1

MELLOR BOLADA DOLORES BAÑO FRAGA

46

1

Exit mobile version