Site icon Crónica3.com A Mariña

Día da Muller Traballadora en Alfoz

Cada ano, polo día 8 de marzo, lembrámonos das mulleres no seu aspecto laboral. É o Día Internacional da Muller Traballadora. E no concello de Alfoz celebrarano o domingo 9 de marzo, no Salón de Actos da Casa da Cultura, ás 18.00 horas, nun acto festivo-cultural, formado por dúas partes. En primeiro lugar a psicóloga alfocense Amparo Vizoso dará unha conferencia sobre o papel das mulleres no mundo laboral e, a continuación, actuará a Foz Big Band (ORESMU – Escola de Música de Foz).

Exit mobile version