Site icon Crónica3.com A Mariña

Día dos Namorados

Celébrase o vindeiro venres, San Valentín, o Día dos Namorados, efeméride universal que fomenta o intercambio e agasallos entre as persoas amadas . A orixe é confusa, pero a versión mais extendida fala dun sacerdote nacido en Roma, no S. III. Alí gobernaba Claudio III, emperador romano que levou a cabo as mais crueis persecucións contra os cristiáns, e sostiña que éstes non deberían casar entre sí, ordeando que os que o fixesen fosen condenados a morte.

Daquéla Valentín era bispo nunha diócese italiana e, conscente da inxustiza da prohibición, e de que o pobo debía amar a Deus e unirse libremente, casaba ás parellas en secreto, agasallándoas cunha fror branca que significaba pureza e fidelidade. Cando o descobriron foi detido e levado ante Claudio III, que intentou convencelo para que deixara o cristianismo e se unise ó imperio indultadoda pena por desobedecer a orde imperial.Valentín non aceptou e Claudio sentenciouno a morte. Pero antes foi ó carcere, e neste punto aparece Xulia, a filla do carceleiro Asterio da cal, se dí,Valentín se namorou. Xulia era cega de nacemento e moi fermosa. O sacerdote faloulle de Deus; ela veo o mundo a través dos ollos de Valentín, e a fe en Deus e a tranquilidade espiritual fixo que un día Xulia poidese ver.Finalmente o santo foi executado o 14 de febreiro de 271 e soterrado na igrexa de Práxedes, en Roma. A lenda dí que Xulia prantou unha árbore de almendros con flores rosadas e hoxe a árbore é un símbolo de amor e amizade.

Os restos de Valentín gárdanse en Madrid, na igrexa de San Antón, e a xente pídelle a cotio milagros amorosos.. O Día de San Valentín oficializouse en 1969, e o calendario católico estableceo o 14 de febreiro como recordatorio do santo.A mestura das historias, lendas e celebracións do pasado convirtiu a data no Día dos Namorados que ogallá, lector amigo, o celebre con ledicja, pois como dixo.Campoamor:: “ Todo en el amor es triste; pero, triste y todo, es lo mejor que existe.” Parabéns.

Suso Fernández

Exit mobile version