Só uns imbéciles e escuros foron capaces de tal afrenta, porque só desde a súa prepotencia, quizais alimentada de ignorancia, son capaces de atreverse a decir quen fixo ou non fixo polo pobo.
“Fixemos o que puidemos por Galiza”. Esta afirmación do noso irmán, veciño, e compañeiro Antón Moreda, Secretario Xeral que foi do Consello da Mocidade resume ben e dignifica tamén o traballo que tantos galego@s e patriotas fixeron por Galiza desde o anonimato e desde o silencio, porque Antón tamén sufriu o peso dunha lousa de silencio que outros férridos e duros, sucursalistas antes e agora, lle puxeron enriba. A mocidade nacionalista de fai cincoenta anos con Antón á fronte conseguiu manter acceso o facho dos nosos anceios dunha patria soberana e a mocidade nacionalista de hoxe seguirá adiante con ese facho e recoñecendo, como vén de facer Galiza Nova, a quen fixo o que puido, que foi moito, para que non se apagase.
Desde o norte deste país, desde a Mariña que tamén saúda ao mar aberto, este ano recoñecemos a entrega de Antón e de Miro, dous mariñaos bons e xenerosos dos que nos sentimos moi orgullosos.
Antonio Veiga Outeiro