Site icon Crónica3.com A Mariña

Encontro de Raku en RegalXunqueira

O vindeiro sábado día 8 de marzo, RegalXunqueira acollerá un Encontro de Raku en horario de 11.00 a 14.00 horas. Coceranse as pezas feitas no último encontro e algunhas outras de Regal para os que veñan por primeira vez. Tamén se farán novas pezas para o próximo encontro do mes de abril e deseñarase unha peza de bisuteria en porcelana. O encontro coma sempre é gratuíto e, se os asistentes queren, farase un aperitivo, coas súas aportacións. Os interesados poden anotarse ata o mesmo día do encontro por teléfono (982 56 25 89) ou por correo (oteroregal@gmail.com).

Exit mobile version