Site icon Crónica3.com A Mariña

Entroido no CEIP San Cosme de Barreiros

Este venres 28 de febreiro os alumnos do CEIP San Cosme de Barreiros celebraron a festa de Entroido. A partir das 15.00 horas realizaron un desfile de disfraces dende o centro ata a Praza das Vivendas Sociais. Despois celebraron un baile nas instalacións do colexio e unha merenda con produtos típicos do Entroido e chocolate. Os organizadores do evento son os profesores/as do CEIP que traballaron con moita ilusión a elaboración do disfraz, contando coa colaboración dos estudantes. O tema elixido ademais de divertido é moi didáctico.

Exit mobile version