Espazo Ecosocialista, formación ecosocialista integrada en AGE, esta en pleno proceso asembleario (celebrará a súa II Asemblea Nacional o 22 de febreiro en Santiago de Compostela dous anos despois do seu nacemento).
Esta forza conformada fundamentalmente por persoas procedentes dos movementos sociais e da esquerda renovadora esta acentuando o seu papel propositivo e de alternativa construtiva á vez que medra e consolida a súa estrutura territorial e o seu crecemento.
Este venres de semana pasada rematou o prazo de presentacións de candidaturas para o Consello Aberto Nacional e para a Coordinación Nacional. Tanto o Consello Aberto Nacional (CEN), maximo organo político entre asembleas como a coordinación nacional serán paritarias. Ao posto da Coordinación paritaria so se presentaron Xoán Hermida e Modesta Regueira.Espazo será o primeiro partido galego que terá un liderado compartido.
O Coordinador actual de Espazo Ecosocialista, Xoán Hermida, recordou os tres obxectivos polos que nacera esta formación política hai dous anos: crear unha forza da esquerda renovadora que incorporará na política galega as novas axendas presentes en Europa e no mundo como a radicalidade democrática, a sustentabilidade ou as políticas de ben común; abordar novas formas de facer política e unha nova relación coa cidadanía libre de tutelaxes e controis; e crear unha cultura de cooperación da esquerda que permitira reconstruír a esquerda nacional desde a súa pluralidade.
Consideran que a evolución de Espazo Ecosocialista nestes dous anos ten amosado que é posible construír unha forza así en Galicia. O crecemento en membros, pasando de algo máis de cuarenta persoas a case 300 membros; a extensión territorial; hoxe Espazo esta presente en nove comarcas, e a incorporación de sectores dos movementos sociais e doutras forzas de esquerda amosan; amosan a necesidade que para unha parte da poboación máis implicada fai falla dunha forza amable, cooperativa e propositiva.
Segundo Xoán Hermida vivimos tempos dificís onde as persoas estan a sofrer que requiren de posicionamentos claros e actitudes unitarias. “estamos nunha crise sistémica que no caso español agravase cun esgotamento do modelo saido da transición e onde as elites do mesmo comportanse como se fora un réxime en decadencia, expoñente diso son a falla de inciativa política no caso catalá ou a corrupción xeneralizada das propias elites.” O caso da operación Pokemon é, segundo Xoán hermida, un escandalo sen precedentes e apunta non a casos de corrrupción individual senón a un entramado sistemico de corrupción xeneralizado. Para o dirixente ecosocialista a unica saida é a dimisión de todolos responsables e que se depuren responsabilidades políticas e xudiciais; non obstante advertiu que “non vai ser a xuiza Pilar de Lara quen renove a política senón que ten que ser desde os partidos políticos onde se faga isto senón acabara aparecendo o populismo e o Besluconi de turno”.
Para Espazo é necesario construír unha alternativa crible desde a esquerda porque no caso de non ser así outros o farán. Para Espazo esa alternativa pasa por AGE pero por unha nova AGE.
Para o dirixente de Espazo AGE acacou o gran resultado nas pasadas eleccións por tres motivos: presentar unha oferta unitaria, ofrecer un programa real de cambio, e sinalar a necesidade de explicitar novas formas de facer política diferente aos partidos tradicionais. Lamentablemente esta terceira aínda este tercer aspecto ainda non é real, e por iso para Espazo AGE debe converterse nun instrumento estratéxico, de longa duración, e cidadá, de participación real das persoas que confiaron nela.
Asistimos a un ciclo de cambio, que se inciou nas municipais de hai tres anos (15M) e nese ciclo que apunta a un novo proceso constituínte é onde deben enmarcarse as eleccións europeas e municipais.
Para Xoan Hermida as forzas de esquerda deben abordar estas eleccións de xeito unitario para rachar co bipartidismo e abrir o proceso cara a unha nova democracia.
Espazo aborda as eleccións europas con 4 obxectivos:
– comparecer cun instrumento político galego, desexablemente AGE ou outra formulación na que polo de pronto xa estan implicados Esquerda Unida e o propio Espazo Ecosocialista, co fin de que exista unha representación galega de esquerdas en bruselas que defenda os interes da cidadanía galega;
– comparecer cunha alianza estatal con IU e outras forzas de esquerda para crear un bloque que agrupe as forzas da esquerda verde e alternativa e que rache a gran coalición exixtente hoxe entre socialdemocratas e populares;
– recuperar as institucións europeas secuestradas hoxe polos tecnocratas e pola troica;
– abrir un novo proceso constituinte que supere o modelo neoliberal afirmado no tratado de Lisboa.
Pola súa parte ás eleccíons municipais tamen se deben aboradar nesa clave e debido a fragmentación existente debe dar un impulso desde o eido da esquerda política e social e nivel de cada concello.
Tamén compareceu na rolda de prensa a candidata a Coordinadora Nacional, Modesta Regueira, que sinalou a necesidade da implicación social no cambio e considerou “central a reactivación da Alianza Social Galega que convoca mobilizacións para o 27 de febreiro ou a Marcha pola Dignidade do próximo 26 de marzo convocada polas diferentes mareas de defensa dos sectores públicos”
A candidata a Coordinadora Nacional sinalou que “cando existe unidade social e política e firmeza nas loitas se acadan logros coma é o caso recente da sanidade pública en Madrid ou os casos en Galicia de Corcoeso ou o trunfo dos veciños de Cabral en Vigo que paralizaron o proxecto do megacentro comercial en Liñeiriños”.
Modesta Regueira apuntou tamén que “as novas axendas deben avanzar máis alo das alianzas conxunturais cara a formulas de cooperación estratexica”
Tamén sinalou que todo isto: unidade, novas axendas, cooperación política, terán sentido se somos capaces de crear un novo relato alternativo e unha oferta programatica crible.
Segundo a dirixente ecosocialista “precisamos construír novas relacións entre a esquerda partidaria e a esquerda social, baseada na confianza mutua e no respecto a independencia das partes”
Modesta Regueira concluiu facendo un chamamento aos activistas sociais a incorporarse á política.