Site icon Crónica3.com A Mariña

Facultativos do Hospital da Costa denuncian “o maltrato que recibe a sanidade na Mariña”

85 dos 97 facultativos do Hospital da Costa veñen de asinar un comunicado que presentaron ante os medios este mércores 26 de febreiro. A través deste escrito (que se pode consultar de xeito íntegro na sección de opinión: https://www.cronica3.com/2014/02/dez-meses-de-xestion-integrada-da-politica-a-realidade/) poñen de manifesto a situación actual da sanidade na Mariña despois da súa integración en Lugo.

Os facultativos recordan que pasaron dez meses dende a integración da área sanitaria de Cervo na EOXI: Lugo, Cervo, Monforte “que nos venderon como solución a todos os problemas sanitarios de A Mariña”, apuntan no texto.

Así mesmo, tamén apuntan que tamén son usuarios da sanidade e que xa argumentaran que o Hospital da Costa se vería perxudicado na xestión Integrada. De feito, recollen seis aspectos nos que cren que así é: a falta de autonomía; a “promesa da ampliación” sobre a que non foron comunicados (ademais explican que gañan espazo asistencial diminuíndo superficie de pasillos e salas de espera e o aparcamento aumentou ao non achegarse o camión para as resonancias magnéticas máis que unha semana ó mes cando antes ía tres); o deterioro das dotacións e equipos instrumentais; a diminución da carteira de servizos ao non cubrirse as prazas de xubilacións forzadas e traslados; falta de persoal “coa aplicación da política restrictiva da Consellería coa que as substitucións son excepcionais”; e, finalmente, e o empeoramento da atención ó cidadán que se ve obrigado a viaxar máis.

Finalmente, hai quen opina que “existe una auténtica animadversión, que no entendemos, hacia este hospital, ejecutada no solo por los responsables de la EOXI sino también desde la Conselleria, cuyo objetivo final es centralizar toda la asistencia en el Hospital Universitario Lucus Augusti, reduciendo al Hospital da Costa a su mínima expresión. Es obligatorio aclarar que nos consta que gran parte del personal del HULA está descontento con la situación actual y nada tienen que ver con las decisiones de este equipo directivo. Insistimos en que el ahorro no puede ser la disculpa, ya que este hospital nació y creció mostrando una eficiencia que, de existir en los grandes hospitales, haría que el SERGAS tuviera menos problemas económicos y, lo que es peor, la Consellería lo sabe”.

Polo tanto, piden a colaboración de todos para poñerlle freo ao maltrato que recibe a sanidade na Mariña que “de continuar a este ritmo, estará en peores condiciones que hace cincuenta años”.

Exit mobile version