Foi éste, a principios dos 50, onde se implantou o “faroliño”, baile-concurso de gran beleza plástica, que con utópica ilusión pretendía emular a elegancia, e o glamour dos salóns aristocráticos de entre séculos,inmersa a sociedade no espíritu romántico da época… Cada parella participante dispuña dun farol veneciano, multicor,cunha vela; a escuras.a sala e acesos os farois só coa súa luz, iníciábase o baile ao compás do “Vals das Velas”, de Strauss. créandose un clima máxico de envolvente fantasía cos elementos :a luz e o corido das velas, tan acolledoras, e as notas acariñadoras e nostálxicas da música do Mestre, soando a letra da canción: “ Igual que en viejos tiempos/ con solemne ritual/ se apaga una a una / de las velas el brillar…”.. Segundo os farois se apagan as parellas retíránse da pista, e a última en facelo gaña o concurso.. .” A parella era premiada con un par de medias de cristal, novidade que facía furor entre as femias. (“As de Foz /son o demo e namais/ todas queren gastar/ medias de plexiglás./ Eu soñei, ou dixéronme a mín….“) estrofas coa musica de “Santander”,o grande éxito do entón popular Jorge Sepúlveda. O rapaz recibía unha botella de champan….Hai mais de 60 entroidos que en Foz se baila O “Faroliño”. Canta lembranza!
Suso Fernández