Coa entrega desta memoria á Alcadía de Viveiro, a Directiva Fraga das Saímas, que comprobou a través do desenvolvemento deste proxecto experimental que a compostaxe caseira é unha práctica moi sinxela e viable na que pode participar todos os membros da familia e onde os beneficios e ventaxas son todas e as desventaxas non existen, quixo aproveitar para animar e propoñer á alcadía de Viveiro estender este Proxecto de Compostaxe Caseira ao resto das parroquias do municipio viveirense, de xeito que todas aquelas familias interesadas en reducir os residuos que xeneran nas súas casas e que van directamente aos contedores convencionais podan solicitar un composteiro familiar e aprender a facer bo uso del a través dun curso de compostaxe. Ao mesmo tempo a Directiva solicitoulle axuda á rexidora de Viveiro para dotar de composteiros ás veciñas que participaron neste proxecto e que a asociación non lles puido facilitar máis que a tres das catorce mestras composteiras debido a falta de colaboración que se lle solicitara a Sogama, negándose esta a facilitarlles ningún composteiro por tratarse a peticionaria, según esta empresa, dunha asociación e non dunha administración local.
Por outra banda, a Directiva Fraga das Saímas ven de abrir o prazo para inscribirse na Maratón de xogos de Mesa que se celebrarán no Centro Socio Cultural de San Andrés de Boimente o sábado 8 de marzo de 2014 a partir das 17.00 h. Todas as persoas interesadas teñen de prazo para apuntarse na modalidade que desexe (Tute / Brisca) ata o día 2 de marzo.