Site icon Crónica3.com A Mariña

Cofipesca recorta puntos ante o Punto Galego na Liga de Veteranos de Viveiro

Cofipesca gaña ao Punto Galego no seu enfrontamento correspondente á décimo cuarta xornada da Liga de fútbol sala de Veteranos de Viveiro e recorta distancias. Así, pois, atópanse no sexto e quinto posto da táboa, respectivamente, con 28 e 30 puntos.

Por arriba, Gato Pardo continúa líder da clasificación con 42 puntos e todos os partidos gañados. Joyeros ocupa a segunda praza con 34 e empatan con 33 puntos O Mesón e O Recuncho.

E, por abaixo, o resto de equipos da Liga pechan a clasificación con 5 partidos gañados ou menos. Lodeiro, na última posición, só suma un punto tras lograr un empate fronte ao Temple.

Os resultados da décimo cuarta xornada foron:

Punto Galego 1 – 4 Cofipesca
Lodeiro 0 – 5 Flanagans
A Curva 2 – 3 O Recuncho

Os Arcos 3 – 6 Joyeros
Temple 2 – 3 Forum
Soho 4 – 5 Gato Pardo
A Fonte 0- 3 O Mesón

E a vindeira xornada mediranse:

Forum – A Fonte: luns 10, ás 20.30 horas.
O Mesón – A Curva: luns 10, ás 21.15 horas.
Flanagans – Soho: luns 10, ás 22.00 horas.

Cofipesca – Os Arcos: xoves 13, ás 20.30 horas.
Gato Pardo – Punto Galego: xoves 13, ás 21.15 horas.
Joyeros – Temple: xoves 13, ás 22.00 horas.
O Recuncho – Lodeiro: xoves 13, ás 22.45 horas.

Exit mobile version