Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia reuniuse en Santiago coa Secretaria Xeral de Igualdade

gbarcia-lopezabellaBurela, 26 de febreiro de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, mantivo este mércores un encontro en Santiago coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.

No encontro, a secretaria xeral da Igualdade valorou moi positivamente o traballo que se está a desenvolver no Concello de Burela en materia de igualdade e contra a violencia de xénero.

O pasado ano o concello de Burela a través da orde para entidades locais recibiu una subvención de máis de 50.000 euros: 45.000 para o mantemento do Centro de Información á Muller de Burela e 6.200 euros para levar a cabo un programa de promoción da Igualdade.

Desde a Secretaría Xeral de Igualdade subliñaron que “o Concello de Burela é un dos 30 concellos da provincia de Lugo que está adherido á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero de Galicia. Así, no pasado mes de decembro o Burela acolleu a representación de I´ll be Watching You, un espectáculo pedagóxico, lúdico e musical que analiza os roles de xénero a través das cancións de amor e busca sensibilizar aos adolescentes ante condutas violentas”.

O rexedor dixo que “a liña de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e o Concello é moi intensa e moi positiva. As subvencións que recibimos son as maiores ás que un Concello desta tipoloxía pode acceder”. González Barcia amosouse convencido de que “esa liña terá continuidade tanto desde o equipo de goberno municipal como desde a Xunta, que con bo criterio aposta polos concellos nos que as cousas neste ámbito, no da violencia de xénero, se están a facer ben”.

Exit mobile version