Site icon Crónica3.com A Mariña

Información e música sobre o mar en San Cibrao

Este sábado 8 de febreiro, a Casa da Cultura de San Cibrao acollerá os actos culturais organizados por Os Aventados, Concello de Cervo e o Seminario Estudos Terras de Viveiro. Ás 12.00 horas será a quenda da charla coloquio do Capitán de Pesca, José Pino, sobre a situación actual da pesca. E, pola tarde-noite, a agrupación músico-vocal Escolma de Meus, ofrecerá un recital presentando o seu segundo disco “Dende San Roque ao mar” a partir das 20.00 horas.

Exit mobile version