Burela, 7 de febrero de 2014. O Ministerio do Interior investirá 50.000 euros no cuartel da Garda Civil de Burela, segundo acaba de anunciar o alcalde, José Mª González Barcia.
“Esa partida irá destinada a mellorar as condicións de habitabilidade dos pavillóns do cuartel de Burela”, explicou o rexedor a quen a nova lle foi comunicada polo director general da Garda Civil, o galego Arsenio Fernández de Mesa.
González Barcia indicou que “son obras moi necesarias porque hai moitos anos que non se realizan investimentos nestas instalacións. A nova é benvida e aínda que non solucionará todos os problemas que ten o cuartel, si evitará as filtracións de auga que viña sufrindo e que lle estaban a afectar ao interior do inmoble”. O alcalde dixo que “ao longo dos vindeiros anos haberá que seguir solicitando máis investimentos para o cuartel da Garda Civil de Burela, que data da última etapa de Luis Roldán, á fronte da Garda Civil”.
O rexedor burelés lembrou que “cando chegamos ao goberno municipal no ano 2011 comunicámoslle ao Ministerio de Interior as necesidades que tiñan e teñen estas instalacións”.
Está previsto que obras nas que se investirán 50.000 euros se leven adiante ao longo dos vindeiros meses de verán.